Vivimos nun lugar fermoso! Non cabe dúbida! Pero tamén é un lugar privilexiado dende o que observar o tempo atmosférico. As nosas familias e máis nós recompilamos decenas de fotografías dos nosos dispositivos móbiles e cámara para crear unha exposición no cole! Podédela ver tamén no seguinte Padlet! A través destas imaxes poderedes contemplar fermosos solpores, días solleiros, incribles arcos da vella, brancas nevaradas ou días menos apacibles de brétemas, chuvia e temporal!
Agardamos que desfrutedes moito véndoas!
Comentarios
Publicar un comentario