Tempo de nevaradas⛄

 A segunda quincena de xaneiro arrancou cun tempo frío, que trouxo nevaradas a algúns puntos de Galicia.  O certo é que na capitalidade do concello de Lobios, onde se atopa o noso colexio, é moi difícil que desfrutemos da neve, posto que a altitude é baixa. Con todo, vémolas nos cumios máis altos do concello ou en aldeas como San Paio ou A Cela. 

Dende o Club de Ciencias quixémonos achegar a este fenónomeno meteorolóxico. Así, puxémonos mans á obra cunha experiencia que permite imitar a textura da neve e, como non, fixemos bonecos de neve. Empregamos bicarbonato e auga! 


Comentarios