Ao alumnado de sexto, tocounos meternos de cheo no concepto de clima!
O primeiro paso foi recoñecer e deterse na diferenza entre tempo atmosférico e clima! Pois ambos son parecidos, pero non representan o mesmo!
A continuación, detivémonos nas dúas características que nos permiten coñecer o clima:
as temperaturas e as precipitacións.
Tamén tivemos en conta os factores que inflúen no clima: distancia ao mar, latitude, altitude...
Todo isto quedou reflexado na nosa libreta interactiva
Comentarios
Publicar un comentario