Este venres 16 de maio, viñéronnos visitar a Lobios un gran equipo formado por traballadores da Confederación Hidrográfica Miño-Sil así como membros da Universidade de Vigo e da Universidade de Oporto. Todos eles organizaron con moita ilusión unha xornada para dar a coñecer os traballos que están facendo no río da nosa aldea, o río Lobios. Ademais, trouxéronnos catro experiencias para coñecer un pouco máis sobre o ciclo da auga e a presenza da auga no planeta e na nosa área.
Sorprendeunos moitísimo un dos experimentos que nos propuxeron: unha nube nun matraz erlenmeyer!!! Si, como estades oíndo! Só precisaron un bombín, auga e alcohol e un matraz erlenmeyer.
Todos nós sabemos que as nubes están formadas por millóns e millóns de pequenísimas gotiñas en suspensión. Pero, con este experimentos os rapaces da Confederación foron quen de ensinarnos a importancia da presión atmosférica na formación das nubes!
Aquí podedes ver dous vídeos!
Comentarios
Publicar un comentario