Hoxe tivemos unha visita especial no noso centro. Visitounos Pablo Á. Martínez, responsable da estación meteorolóxica de Cimadevila. Para nós, Pablo é un meteorólogo de carne e óso, pero el defínese a si mesmo como un afeccionado á meteoroloxía. Sexa como sexa, Pablo fai unha importantísima labor de divulgación do tempo de Lobios, en particular, e da Baixa Limia, en xeral.
A través da súa páxina de Facebook ponnos ao día da previsión meteorolóxica e dos fenónomenos meteorolóxicos que nos afectan. A maiores, xestiona e leva a páxina web https://www.meteolobios.es/. Pablo colabora coa AEMET, MeteoGalicia, Meteoclimatic ou Weather Underground, entre outras. Igualmente, os seus datos son empregados en estudos de diferentes Universidades.
Tivemos a oportunidade de amosarlle a nosa pequena estación meteorolóxica e de recibir os seus consellos.
Comentarios
Publicar un comentario